Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os letreiros da cidade debuxan "a súa pequena historia"

Os letreiros da cidade debuxan "a súa pequena historia"

Xaquín Nóvoa fotografou máis de 200 rótulos de Compostela

Case 150 deles están recollidos nun libro gratuíto publicado polo Concello 

G24.gal 26/10/2026 21:27

Xaquín invita a mirar para arriba. 

"Os rótulos forman parte da pequena historia de Santiago. Non son coma os grandes monumentos, porque tampouco teñen unha vida tan longa, pero falan moito", conta este fotógrafo afeccionado e publicado 

Falan moito da vida da cidade, eses rótulos que leva décadas fotografando.

"Esta é unha afección que teño dende os anos 80", sinala Xaquín Nóvoa

E iso implica hoxe un bo número de rótulos retratados.

"Uns 235. No libro que publicou o Concello hai recollidos 145" 

Inclúe rótulos que permanecen en negocios que continúan coas mesmas ou novas mans. Hai letreiros incombustibles, algúns que sobreviven a negocios pechados hai anos. 

Rótulos que son testemuños do tempo en que o costume era que se encargaran de facelos os ferreiros.

"Pero a maioría agora son coma estandartes de tea ou de plástico"

Mais aínda se poden ver algúns traballados coma daquela. 

"Vaia, son a pequena historia. Hai moita xente que cando naceu había moitos rótulos,  e xa non están eles, e os rótulos si, así que...", di Xaquín  

Coma nos versos de Salvador García-Bodaño no libro de Xaquín: "Compostela é unha rúa longa / na memoria / onde vagan os nomes / e as horas / que cada quen recorda".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade