Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mobiliario urbano non deixa de evolucionar xunto coas cidades

O mobiliario urbano non deixa de evolucionar xunto coas cidades

Nos bancos dos espazos públicos actuais priman a funcionalidade e o uso de materiais reciclados

Banco moderno nun tramo peonil da luguesa rolda da Muralla
Félix Aragunde 26/10/2026 20:10

Nos primeiros espazos públicos de lecer primaba a estética, con mobiliario de madeira e forxados. É o caso dos bancos do parque centenario de Rosalía de Castro, en Lugo, que vai camiño de converterse en ben de interese cultural.

Pero o mobiliario urbano foi evolucionando xunto coas cidades, pasando de ser meros asentos a converterse na actualidade en puntos de encontro con innovacións tecnolóxicas como as estacións de carga para dispositivos electrónicos. 

"O tipo de banco que se está utilizando hoxe en día é sostible e incluso intelixente, dixitalizado, con terminal de carga de móbiles, e mesmo integrando paneis solares", sinala Iván Prado, xerente da firma de paisaxismo Nuevos Jardines de Lugo. 

Fronte á fundición e as táboas dos bancos de outrora, actualmente búscase que estean feitos con materiais sostibles e ecolóxicos, como a madeira reciclada. Tocante ao deseño, prevalece a funcionalidade, con estruturas modulares que fagan os asentos máis versátiles.

A fin de contas, o fin último do mobiliario urbano, antes, agora e sempre, non é outro que a mellora da calidade de vida da cidadanía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade