Xeración Z e Millenials volven ao carrete de fotos analóxico
Aumenta un 127 % a venda de carretes analóxicos de fotos
Os menores de 34 queren as fotos en papel
Nos últimos seis anos aumentou máis dun cen por cento a venda de carretes analóxicos de fotos. Tamén se venden máis cámaras de fotos físicas. Pode sorprender, pero, sobre todo, volven ao papel no asunto das fotos, os mozos e mozas menores de 34 anos.
Para non perder os recordos, a golpe de manivela, no laboratorio químico semindustrial, coma este de Lugo, aínda hai tendas de fotografía que traballan o papel. Para os nostálxicos do analóxico ou para os nativos dixitais, que tamén buscan novidades ao tacto.
Nos últimos seis anos consumíronse máis de 25 millóns de carretes de fotos cada ano en todo o mundo. É un 35 % máis se o comparamos con anos anteriores.
A metade das cámaras analóxicas, de carrete, mércanas mozos e mozas de entre dezaoito e trinta e catro anos. As chamadas xeracións Z e Millenials parece que se revelan contra o efémero do dixital no asunto das fotos.