Camuflarse na natureza para documentar a vida da fauna salvaxe
O fotógrafo galego Dani López está traballar no seu último proxecto: unha película-documental gravada integramente coa técnica da cámara de fototrampeo
O fotógrafo galego Dani López está traballar no seu último proxecto, aínda en fase de montaxe: unha película-documental gravada integramente coa técnica da cámara de fototrampeo.
Acompañámolo polo río Lambre, entre os concellos de Miño e Paderne. Cámara en man, Dani olla, observa e agarda. Mesmo se camufla. Agochado durante horas ata que chega a recompensa.
Documentou perezosos en Costa Rica e gravou monos nas montañas de Anui, en China. Con todo, mantén que en Galicia hai un autentico paraíso.
Di seguir a pegada que deixou nel Félix Rodríguez de la Fuente, documentando a fauna salvaxe co fin de divulgala. Coñecemento que nos achega e comparte tamén a través da súa propia canle de YouTube.