Publicador de contidos

Publicador de contidos

Maduro publica nunhas imaxes tomadas dende o cárcere de Nova York

Maduro publica nunhas imaxes tomadas dende o cárcere de Nova York

As imaxes son do mes de xuño e foron publicadas na súa conta da rede social X 

Imaxe da conta oficial de Maduro na rede social X Imaxe da conta oficial de Maduro na rede social X
G24.gal 30/08/2026 17:11

A conta oficial de Nicolás Maduro na rede social X publicou novas imaxes do dirixente venezolano durante o seu peche nos Estados Unidos, con aspecto animado e como un "pequeno agasallo de amor e esperanza", para a súa familia en particular.

As fotografías foron tomadas o día 25 de xuño, oito meses despois de ser detido en Venezuela xunto á súa muller polo exército dos Estados Unidos. 

Nas imaxes difundidas vese o presidente deposto de Venezuela vestido cun chándal e facendo o signo da vitoria coas mans. 

Estas son as primeiras imaxes que se coñecen del desde dentro do Centro de Detención Metropolitano de Brooklyn. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade