Publicador de contidos

Publicador de contidos

O campión do mundo Borja Iglesias recibe unha homenaxe en Santiago

O campión do mundo Borja Iglesias recibe unha homenaxe en Santiago

O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia homenaxean ao mundialista

Na recepción da Xunta estivo tamén o colexiado coruñés Diego Sánchez Rojo

G24.gal 14/09/2026 22:38

O compostelán Borja Iglesias recibiu hoxe na súa cidade natal un baño de masas. O futbolista picheleiro era homenaxeado polo Concello e a Xunta de Galicia en dous actos nos que destacaron o seu peso na segunda estrela mundialista para España.

"É un referente no deportivo, un referente en valores e un dos nosos", afirmaba a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, que tamén lle fixo entrega dunh botella con terra de todos os campos de fútbol de Santiago coa inscrición "Da area dos comezos á historia que escribiches". 

Ao rematar o acto, a veciñanza de Compostela puido compartir un momento moi especial co campión do mundo, que non dubidou en pararse coa xente para asinar autógrafos e facer fotos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade