Borja Iglesias estará dúas semanas de baixa por unha rotura no sóleo
O dianteiro perde o partido ante o Osasuna cando se preparaba para reaparecer co Celta
Foto Celta
O Celta confirmou este 25 de agosto a lesión de Borja Iglesias, que sofre unha rotura miofascial do sóleo esquerdo. Os servizos médicos estiman un período de baixa de dúas semanas, polo que o dianteiro queda descartado para o encontro aprazado contra Osasuna, programado para o xoves 27 en Balaídos, e apunta a perderse os seguintes compromisos do Celta.
https://x.com/RCCelta/status/2092266014394167672?s=20
PARTE MÉDICO 🏥 Borja Iglesias
— Celta (@RCCelta) August 25, 2026
O dianteiro santiagués sufriu unha rotura miofascial do sóleo esquerdo.
O período estimado de baixa será de dúas semanas. pic.twitter.com/QJKC0qJX96
Iglesias non participou na estrea ligueira do Celta e tampouco tivo minutos ante o Valencia, aínda que avanzaba na súa preparación e esperábase que puidese reaparecer fronte ao Osasuna. Agora deberá completar a súa recuperación antes de volver ao grupo. Se cumpre o prazo comunicado, o seu regreso podería producirse despois da parada internacional.