A Xunta de Accionistas do Celta aproba a ampliación de capital de 10 millóns
O orzamento para o exercicio actual sobe ata o 107 millóns
Hai 47.000 celtistas con algún tipo de carné
Na xunta de accionistas celebrada hoxe en Vigo, a cuarta de Marián Mouriño á fronte do club, someteuse a votación a ampliación de capital de 10 millóns de euros. Con esa ampliación, o club pretende facer fronte os investimentos que require o proxecto Celta 360, de transformación da cidade deportiva de Mos nun polo internacional do deporte. A nova fase das instalación está prevista que se inaugure o próximo verán.
Sumándose ao bo momento económico do club, destacaron tamén o auxe social que se está vivindo, con 47.000 persoas aboadas e deses, máis de 11.000 en lista de agarda.
Ademais, aprobouse o orzamento para o exercicio actual en 17 millóns de euros. Tamén se sumaron dous novos membros á xunta, en substitución de Xixela Aranda e José Álvarez: José Maroto, empresario costarricense con experiencia na xestión deportiva; e Manuel Villanueva, xornalista galego.