Cargando resultados...
Borja Iglesias recae na lesión: estará seis semanas de baixa
Sofre unha rotura miotendinosa no sóleo da súa perna esquerda
Lesionouse no adestramento do pasado martes
G24.gal
16/10/2026 20:12
Última actualización 16/10/2026 20:28
Borja Iglesias sofre unha rotura miotendinosa no sóleo da súa perna esquerda, segundo confirmou a resonancia magnética que se lle practicou nas últimas horas. O dianteiro celeste lesionouse tras notar unha dor aguda no adestramento do pasado martes na Cidade Deportiva Afouteza.
Estímanse ao redor de seis semanas de baixa, polo que perderá os partidos de Liga, Europa e Copa contra Alaves, Celtic, Betis, Salamanca, Rayo Vallecano, Union Saint Gilloise, Levante, Real Madrid e Bournemouth. Podería volver ante o Vilarreal na última semana de novembro.