Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fabril tentará frear o magnífico momento do Lugo (sábado, 16:30 na TVG)

O Fabril tentará frear o magnífico momento do Lugo (sábado, 16:30 na TVG)

O equipo de Borja Fernández sumou 19 puntos de 21 posibles

O Fabril leva dúas derrotas seguidas e atópase un punto por riba do descenso

G24.gal 16/10/2026 14:26

Volverán coincidir dous grandes amigos. Manuel Pablo e Borja Fernández levaron o Deportivo á Primeira hai catorce anos. O Lugo adestrado polo ourensán Borja Fernández namora. É o líder da Primeira Federación despois de sumar dezanove puntos de vinte e un posibles. 

O soño do Fabril, recentemente ascendido, é a permanencia. Os de Manuel Pablo veñen de dúas derrotas seguidas e, con oito puntos, están só un punto por riba do descenso. O Anxo Carro prepárase para acoller un duelo de rivalidade. Este sábado, ás catro e media, en directo pola Televisión de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade