Publicador de contidos

Publicador de contidos

Todos os lombos nas estradas deben ser iguais?

Todos os lombos nas estradas deben ser iguais?

A xustiza dálle a razón ao Concello de Pontevedra sobre a instalación duns lombos na calzada

Un condutor denunciáraos, pero a sentenza sinala que non poden considerarse obstáculos porque buscan mellorar a seguridade viaria

O problema é que hai dúbidas sobre a normativa que se debe aplicar nestes elementos

G24.gal 16/10/2026 14:50

Circulando por distintos concellos quizais notasen diferenzas nos lombos instalados como redutores de velocidade. O caso é que cada concello ten competencias nas vías municipais para colocalos.

A única normativa xeral refírese ás estradas estatais, pero o regulamento de circulación remite a ela para definir o que son obstáculos na estrada, e por iso algúns consideran que tamén os municipios deben respectar as características desa orde á hora de facer estes lombos.

"Un obstáculo físico na calzada que non cumpre cos requisitos establecidos na instrución técnica de fomento considerarase un obstáculo e poderán sancionar ese Concello", defende Mario Arnaldo Fernández, presidente de Automovilistas Europeos Asociados (AEA).

Algúns concellos consideran que non é así e sosteñen que teñen plena autonomía. En Galicia, unha das cidades pioneiras na instalación destes elementos coñecidos como lombos é Pontevedra, onde contan cunha regulación e instrucións técnicas propias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade