Investigado un mozo de 23 anos en Arbo por conducir un vehículo agrícola sen ter licenza
A Garda Civil instruíu dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria, que foron remitidas ao tribunal de instancia de Ponteareas para a celebración de xuízo rápido
Garda Civil
A Garda Civil investiga un mozo de 23 anos de idade como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, por ser sorprendido ao volante dun vehículo agrícola sen ter o permiso ou a licenza correspondente para facelo.
Segundo informou a Comandancia de Pontevedra, o mozo foi interceptado na estrada PO-400 cando ía conducindo un motocultor, pero nunca obtivo o permiso para conducir o vehículo. Por iso, instruíronse dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria, que foron remitidas ao tribunal de instancia de Ponteareas para a celebración de xuízo rápido.
A Garda Civil lembrou a importancia de comprobar se se dispón da autorización adecuada antes de circular cun vehículo pola vía pública e de coñecer a normativa aplicable á maquinaria agrícola, xa que non todos os tipos poden circular polas estradas.
Tamén subliñou a necesidade de comprobar a documentación do vehículo, matrícula e seguros, e de "priorizar" a seguridade á hora de poñerse ao volante deste tipo vehículos e maquinaria.