Publicador de contidos

Publicador de contidos

Garda Civil e CIAF interrogan o operario do centro de control polo accidente de Urda

Garda Civil e CIAF interrogan o operario do centro de control polo accidente de Urda

Os especialistas da Garda Civil están a auxiliar os técnicos da CIAF, encargados das pescudas para dilucidar as causas do tráxico accidente

Alejandro Martínez Vélez/Europa Press Alejandro Martínez Vélez/Europa Press
G24.gal 28/10/2026 15:29

Axentes da Garda Civil e técnicos da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) interrogan o operario do centro de control que regulaba o tráfico da liña do AVE Madrid-Sevilla no momento no que se produciu o accidente entre dous trens que, polo momento, deixou 64 vítimas mortais.

Así o indicaron a EFE fontes próximas á investigación, que precisaron que os especialistas da Garda Civil están a auxiliar aos técnicos da CIAF, encargados das pescudas para dilucidar as causas do tráxico accidente.

O sinistro tivo lugar pouco antes das nove desta mañá cando unha AVE de Renfe alcanzou por detrás a un Iryo que estaba parado á altura do quilómetro 118 desa vía. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade