A Axencia de Doazón de órganos e sangue quere acadar 4.500 doazóns na comunidade universitaria galega
A Axencia de Doazón de órganos e sangue quere acadar 4.500 doazóns na comunidade universitaria galega
A Unidade Móbil estivo estes días no campus vigués de Torrecedeira
En semanas coma esta cun grave accidente ferroviario medra a inquedanza sobre a doazón de sangue. Vigo segue sendo líder en doantes; as grandes empresas e os campus galegos tamén son bos lugares onde recrutar sangue. Unha das unidades móbiles estivo estes días no campus de Torrecedeira en Vigo.
Doar sangue é un xesto xeneroso que apenas custa e que ten efectos moi beneficiosos que calquera de nós pode precisar un día por operacións, transfusión ou accidentes.
Nas doazóns das universidades xúntase alumnos, profesores, e outro persoal dos campus. Hai doantes novos e outros que recuncan.
A axencia de doazón de órganos e sangue agradece a colaboración das tres universidades galegas e ten como obxectivo acadar este ano as 4.500 doazóns este ano nos sete campus galegos.