Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chamamento á doazón de sangue, especialmente de catro grupos con niveis baixos

Chamamento á doazón de sangue, especialmente de catro grupos con niveis baixos

 As reservas dos grupos A+, A-, 0+ e 0- están en niveis baixos

Galicia precisa 22.000 doazóns de sangue este verán

G24.gal 19/08/2026 11:17 Última actualización 19/08/2026 12:06

Chamamento á doazón de sangue, especialmente de catro grupos con niveis baixos. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) realizou un chamamento este mércores á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de xeito especial, aos doantes dos grupos A+, A-, 0+ e 0-, que presentan niveis baixos.

Segundo lembra a Consellería de Sanidade, os centros sanitarios galegos precisan máis de 400 doazóns diarias para desenvolver de xeito eficaz as súas tarefas ao longo de todo o ano, xa que en moitas dos labores asistenciais diarios nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos.

Ademais, en determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non sucede o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios.

Por iso, ADOS apela á imprescindible xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía para realizar un esforzo especial que incremente as reservas de sangue nestes momentos.

As distintas unidades móbiles de ADOS visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o labor asistencial.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar