Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os galegos poderán doar plasma a través dun programa impulsado por Ados

Os galegos poderán doar plasma a través dun programa impulsado por Ados

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desenvolverá esta semana un programa especial de plasmaférese nas sete cidades galegas

Eduardo Parra/Europa Press Eduardo Parra/Europa Press
G24.gal 25/09/2026 11:51

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) empezará a desenvolver esta semana un programa especial de plasmaférese nos distintos locais de atención permanente ao doador das sete grandes cidades.

Durante esta semana un equipo de ADOS recolleu doazóns de plasma en equipos portátiles nas instalacións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e nos próximos 28 e 29 de setembro achegarase ata o hospital vigués Nicolás Peña.

Segundo explicou o Sergas, a plasmaférese é unha forma de doazón na que é posible seleccionar a parte líquida do sangue -o plasma- e restituírlle ao doador o resto de compoñentes sanguíneos.

Este programa forma parte do Plan Estratéxico Nacional para a Autosuficiencia en Plasma Humano (Penap), que ten como finalidade dar a coñecer este modo de doar e aumentar a cantidade de doazóns de plasma procedentes de doantes voluntarios e altruístas.

Desta forma, o Plan Penap supón un "decidido compromiso" na mellora á atención aos doantes e supón un "esforzo" por parte de todos os sistemas públicos sanitarios.

Todas as persoas que doasen sangue polo menos dúas veces pola vía convencional, pesen máis de 50 quilos e teñan entre 18 e 70 anos poderán participar. Ademais, as doazóns realizaranse baixo "estrita supervisión" médica e polo sistema de cita previa para evitar esperas, xa que este tipo de doazóns teñen unha duración aproximada de entre 30 e 40 minutos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade