Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido grave un operario de Industrias Ferri en Gondomar

Ferido grave un operario de Industrias Ferri en Gondomar

​​​​​​Forzas da orde, Policía xudicial e autoridade laboral determinarán as causas do suceso

G24.gal 22/10/2026 19:51 Última actualización 22/10/2026 20:22

Un accidente laboral deixa un ferido grave este xoves no concello de Gondomar. É un mozo de 23 anos, con iniciais AFT, que foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro por unha ambulancia de soporte avanzado do 061.

Operario da empresa Industrias Ferri, caeu cando estaba enriba dun camión, e un guindastre golpeouno. A maquinaria quedou precintada á espera de que a inspeccionen a autoridade laboral e a Policía Xudicial na investigación do accidente.

O traballador está na Unidade de Coidados Intensivos, aínda que non se teme pola súa vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade