Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía avanza na "identificación do responsable" das ameazas de bomba en centros educativos

A Policía avanza na "identificación do responsable" das ameazas de bomba en centros educativos

O delegado do Goberno en Galicia recoñece que se trata de "unha situación certamente rara"

G24.gal 19/11/2026 11:21

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, comunicou que a Policía “avanza na identificación do posible responsable” das falsas ameazas de bomba que recibiron preto de 80 colexios galegos durante a xornada do mércores.

Blanco recoñeceu que se trata de “unha situación certamente rara” pero destacou que “a colaboración entre Consellería de Educación, a Xunta e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado foi permanente e constante”.

“Afortunadamente foron ameazas que non se traduciron en realidades”, indicou en declaracións á prensa este xoves.

O xefe superior de Policía trasladoulle ao delegado que “se está avanzando na identificación do posible responsable”.

Pedro Blanco quixo mandar “unha mensaxe de tranquilidade á comunidade educativa, a pais e nais, porque imos seguir sempre os protocolos garantindo a seguridade dos nenos”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade