Galicia mantén a alerta laranxa por temporal costeiro, con ondas de máis de cinco metros e fortes refachos de vento
Galicia mantén a alerta laranxa por temporal costeiro, con ondas de máis de cinco metros e fortes refachos de vento
O temporal deixa refachos de 108,2 km/h en Cedeira
O temporal marítimo continuará sendo o principal fenómeno adverso da xornada
Cámara web situada no Parador de Muxía
Galicia continuará este xoves baixo a influencia das baixas presións atlánticas, con alerta laranxa por temporal costeiro en distintos puntos do litoral, onde se esperan ondas superiores aos cinco metros, e avisos por vento do suroeste con intervalos de forza 8.
As estacións de MeteoGalicia rexistraron refachos de ata 108,2 quilómetros por hora en Cedeira. Segundo o boletín meteorolóxico de avisos publicado este xoves por MeteoGalicia, a alerta laranxa por ondada afectará a la Costa da Morte, o noroeste da Coruña e A Mariña, con ondas superiores aos cinco metros.
Nas Rías Baixas tamén se esperan ondas de entre cinco e seis metros. En canto ao vento no mar, o noroeste da Coruña terá un aviso laranxa durante as primeiras horas por intervalos de forza 8, que dará paso a ventos do suroeste de forza 7.
Na Costa da Morte espérase vento do suroeste de forza 7, mentres que na Mariña haberá intervalos de forza 8 nos arredores de Estaca de Bares. Estes fenómenos manteñen avisos amarelos nas zonas correspondentes.
Os maiores refachos de vento rexistrados ata o momento alcanzáronse en Punta Candieira, en Cedeira, con 108,2 quilómetros por hora ás 4:50 horas. Séguenlle Penedo do Galo, en Viveiro, con 101,6 quilómetros por hora á 5:00 horas; Serra da Faladoira, en Ortigueira, con 89,5 quilómetros por hora ás 4:30 horas; Porto de Vigo, con 87,8 quilómetros por hora ás 6:20 horas; e A Gándara, en Vimianzo, con 83,7 quilómetros por hora ás 2:10 horas.
O temporal marítimo continuará sendo o principal fenómeno adverso da xornada, aínda que o boletín apunta a unha evolución da ondada, que irá pasando de alturas superiores aos cinco metros a rexistros de entre catro e cinco metros nalgúns tramos do litoral.