Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vento de forza oito e ondas de máis de cinco metros poñen o litoral en alerta laranxa

Vento de forza oito e ondas de máis de cinco metros poñen o litoral en alerta laranxa

O temporal deixa xa refachos de máis de 100 km/h en zonas altas, e agárdase que cara á noite se intensifique a forza do vento en terra

directo (Imaxe directo: cámara web CSAG en Muxía)
G24.gal 18/11/2026 10:18

Galicia continua este mércores baixo a influencia dun temporal marítimo que mantén activada la alerta laranxa por ondada en varios tramos do litoral, con ondas superiores aos cinco metros e que poderán alcanzar entre cinco e seis metros nas Rías Baixas. Tamén se esperan ventos do suroeste de forza 7, con intervalos de forza 8 no noroeste da Coruña e nos arredores de Estaca de Bares.

Segundo o boletín meteorolóxico de avisos publicado este mércores por MeteoGalicia, o aviso laranxa por ondada afectará a Costa da Morte, o noroeste da Coruña e A Mariña, onde se esperan ondas de máis de cinco metros. Nas Rías Baixas, o mar poderá alcanzar entre cinco e seis metros durante la segunda parte da xornada.

En canto ao vento no mar, prevense ventos do suroeste de forza 7 no noroeste da Coruña, na Costa da Morte, nas Rías Baixas e na Mariña. No noroeste coruñés espéranse ademais intervalos de forza 8 durante las últimas horas, mentres que nas proximidades de Estaca de Bares tamén poderán alcanzarse estes valores.

Mapa de alertas de MeteoGalicia para este mércores Mapa de alertas de MeteoGalicia para este mércores

Por outra banda, MeteoGalicia recolle avisos amarelos por refachos de vento superiores aos 80 quilómetros por hora nas zonas de montaña de Lugo e Ourense, o noroeste da Coruña e A Mariña. Tamén se esperan refachos superiores aos 70 quilómetros por hora no centro de Lugo e o sur de Ourense.

As estacións de MeteoGalicia rexistraron os maiores refachos de vento no Xistral, en Muras, con 113,8 quilómetros por hora, no Penedo do Galo, en Viveiro, con 111,5 km/h., Cabeza de Manzaneda, con 103,6 km/h, A Gándara, en Vimianzo, con 97,6 km/h, Punta Candieira, en Cedeira, con 94,7 km/h; Serra da Faladoira, en Ortigueira, con 77,1 km/h.

Os episodios de vento máis intenso en terra está previsto que se concentren durante as últimas horas do mércores, principalmente entre las 21:00 e las 24:00 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade