Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidas en Lugo unha nai e a súa filla por unha suposta agresión mutua

Detidas en Lugo unha nai e a súa filla por unha suposta agresión mutua

Unha dotación presentouse no lugar e atopou a muller no portal da súa vivenda, onde lles relatou que tivera unha discusión coa súa filla e que ela a agredira, situación que se repetira en anteriores ocasións

G24.gal 18/11/2026 10:13

A Policía Local de Lugo detivo unha muller e a súa filla como presuntas autoras do delito de violencia doméstica, por unha suposta agresión mutua no transcurso dunha discusión.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron a pasada fin de semana, cando o 092 recibiu un aviso para acudir a unha vivenda do sur da cidade, desde onde chamara unha muller para alertar de que acababa de ser agredida pola súa filla.

Unha dotación presentouse no lugar e atopou a muller no portal da súa vivenda, onde lles relatou que tivera unha discusión coa súa filla e que ela a agredira, situación que se repetira en anteriores ocasións.

Outros axentes contactaron coa filla, que permanecía no domicilio, e que explicou que, no transcurso da rifa coa súa nai, esta propináralle un golpe no nariz, polo que a suxeitou e a zarandeou ata que abandonou a vivenda.

Os policías procederon á detención de ambas e trasladounas a un centro médico, para a elaboración do parte facultativo, e logo a dependencias policiais, para tramitar as correspondentes dilixencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade