Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un avión de transporte militar ruso esnáfrase en Siberia e morren os seus 19 ocupantes

Un avión de transporte militar ruso esnáfrase en Siberia e morren os seus 19 ocupantes

Barállanse varias posibles causas do accidente, que van desde problemas coa bomba de combustible ata un fallo no sistema hidráulico

O avión deixa un ronsel de luz no ceo mentres está caendo a terra. Reuters O avión deixa un ronsel de luz no ceo mentres está caendo a terra. Reuters
G24.gal 17/11/2026 21:34 Última actualización 17/11/2026 21:44

Un avión de transporte militar An-12 estrelouse este martes na rexión siberiana de Kémerovo, causando 19 vítimas mortais.

A canle Ren TV foi unha das primeiras en informar sobre o accidente aéreo, no que faleceron 17 persoas que viaxaban a bordo, pero esta información non foi confirmada inicialmente por medios oficiais.

Horas despois, o Ministerio de Defensa de Rusia confirmou o accidente e cifrou en 19 o número de ocupantes da aeronave, falecidos no sinistro.

O gobernador de Kémerovo, Iliá Serdiuk, publicou un vídeo desde o lugar do suceso e sinalou que o avión se estrelara cando sobrevoaba a rexión, sen ofrecer máis detalles.

Segundo a canle de Telegram Baza, barállanse varias posibles causas do accidente, que van desde problemas coa bomba de combustible ata un fallo no sistema hidráulico do aparello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade