Jensen Huang admite os seus erros e afirma que quere volver ser conselleiro delegado de Nvidia
O expresidente da tecnolóxica, que dimitra por un suposto caso de espionaxe, comparecerá o 1 de decembro ante o Congreso dos Estados Unidos a porta pechada
Evelyn Hockstein/Reuters
O cofundador e exconselleiro delegado da tecnolóxica Nvidia, Jensen Huang, emitiu, este martes, a súa primeira menaxe dende que dimitiu, na que admite "a responsabilidade dos seus erros" e sostén que quere recuperar o seu cargo, sempre que o Conselleiro así o queira.
Jensen Huang, que estivo á fronte da compalía durante máis de tres décadas, recoñeceu que "non estivo á altura dos estándares que se esperan" e que cometeu "erros graves" na súa vida persoal. Ademais comprométese a colaborar coa "investigación independente do Consello".
O cofundador da empresa tamén eloxia a Nvidia e a define como "a obra da súa vida", asegurando que "en ningún outro lugar que non fora Estados Unidos sería posible unha empresa como Nvidia. Amo ao noso país e amo a Nvidia". Tamén afirma que construíla foi "un privilexio e unha honra".
Esta mensaxe chega días despois de que dimitira tras a revelación de que mantera polo menos tres relacións extramatrimoniais, unha delas cunha empresaria china acusada de espiar para Pekín.
Segundo comentou, dende a súa renuncia, recibiu "unha avalancha de peticións de empregados, inversores, socios comerciais e clientes" de Nvidia nas que solicitaban que regresase como director executivo. Así, na mensaxe recollida por CNBC e The Wall Street Journal, Huang afirma que "sería unha honra atender estas peticións e volver como director executivo".
Estas demandas tamén veñen por parte de figuras importantes como o son o presidente de Estados Unidos, Donald Trump, quen respalda esta decisión e mostrouse a favor de que o empresario volva a liderar a compañía, ou o magnate Elon Musk tamén sumouse a campaña de apoio a Huang e xa recabou máis de 180.000 firmas.
O próximo 1 de decembro, Huang personarase ante o Congreso dos Estados Unidos nunha comparecencia a porta pechada, durante a cal responderá a preguntas dos lexisladores da Cámara de Representantes.
Nvidia, pola súa parte, ten previsto presentar os seus últimos resultados trimestrais ao peche de Wall Street, e os inversores esperan obter pistas sobre cal será o futuro da compañía na posterior conferencia telefónica, dirixida pola súa nova conselleira delegada intrina, Colette Kress.