Escoitar a voz das fervenzas
Unha profesora de música e xeógrafa ourensá estudou o son de dez saltos de auga en Lugo e en Ourense para súa tese
Tamén se publicou unha guía para pór en valor estas paisaxes sonoras
"Se me dixeran define unha fervenza a nivel sonoro diría que é unha marca sonora, que pechas os ollos e guíate a onde está".
Son palabras de Celia Adrián. Esta xeógrafa e profesora de música de Ourense dedicou sete anos da súa vida a escoitar e analizar o son dunha decena de fervenzas no interior de Galicia.
"Sobre o tema das ferverzas non atopamos nada. Si que hai moitosestudos pero sobre a costa, a sonaroridade do mar, esa capacidade atrainte e relaxante", afirma Adrián, autora dunha tese sobre o son das fervenza.
Pero a voz das fervenzas fala de moito máis, fala da paisaxe que habita e de como muda coa degración ou os lumes
"O son cambia porque a vexetación despareceu, a fauna tamén. Un dos obxectivos desta tese era reinvindicar que se protexa estes espazos", explica Celia Adrián.
Espazos con voz propia, dependendo do tipo de caída ou da época do ano. Ronca no inverno...
" Na primavera ou no verán é como unha orquestra en si mesma onde escoitas as pingas... e de repente oes tamén os paxaros, como vibran as follas co aire... Paisaxes que merece a pena atender porque nos fan refexionar sobre que todo, se o escoitamos atentamente soa e ten o seu lugar", conclúe.