Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta reclama en Bruxelas estabilidade, seguridade e financiamento suficiente para a nova PAC

A Xunta reclama en Bruxelas estabilidade, seguridade e financiamento suficiente para a nova PAC

A conselleira do Medio Rural solicita máis concreción presupuestaria para a Política Agraria Común (PAC) do período 2028-2034

A responsable reinvindica a necesidade de cambio nos criterios das políticas

Arquivo TVG Arquivo TVG
G24.gal 17/11/2026 18:19

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclama en Bruxelas "financiación suficiente, estabilidade e seguridade" para a nova Política Agrícola Común (PAC) posterior ao 2028. 

Durante a súa intervención no acto de Coalición Agriregions, celebrado no Comité Europeo das Rexións, a conselleira reitera a preocupación de Galicia ante a "falta de concreción presupuestaria" para o período 2028-2034. Ademais, Gómez destacou a función de cohesión terrotorial, desenvolvemento rural, sostenibilidade ambiental e fixación da poboación que ten o proxecto.

Na súa intervención, manifestou cinco prioridades que a Consellería de Medio Rural califica como imprescindibles. A primeira está referida ao relevo xeracional e á necesidade dun PAC "forte" que "garanta a continuidade destas políticas". Tamén destacou a movilización e o acceso á terra, buscando poñer á disposición de quenes a traballan as novas ferramentas e vías existentes. 

A terceira preocupación manifestada pola conselleira ten que ver co mantemento da poboación no medio rural, non sen esquecer a necesidade de actividades, servizos e oportunidades nestas zonas. Para María José Gómez é imprescindible deseñar dende Europa "políticas estables e financiación" que "aporten seguridade ao sector e garantice a continuidade". Outro dos requerimentos nos que insistiu a conselleira foi facer do rural un "lugar atractivo para vivir e traballar".

No referido ao cambio climático, a conselleira destaca a sostenibilidade e a adaptación ao cambio climático. O obxectivo desta proposta é impulsar explotacións eficientes respetuosas coa natureza, pero recalca que as medidas deben ir da man dos medios necesarios para acadalas.

Solicitude de revisión aos criterios da PAC

A conselleira María José Gómez defende unha revisión na distribución das axudas destas políticas agrícolas. A responsable propón un reforzo do apoio ás pequenas e medianas explotacións, a agricultura familiar, as mulleres e a xuventude agrícola.

Para elo, a conselleira de Medio Rural reinvindica a necesidade de recoñecer as necesidades particulares de cada territorio para poder avaliar con maior precisión a contribución da explotación ao lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade