Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia presume en Bruxelas de empresas que "poden competir en todo o mundo"

Galicia presume en Bruxelas de empresas que "poden competir en todo o mundo"

O vicepresidente primeiro da Xunta, Diego Calvo, puxo a Hijos de Rivera como exemplo de compañía que aposta polo propio e exporta talento e innovación ao exterior

Diego Calvo e Ignacio Rivera. Xunta de Galicia
G24.gal 03/11/2026 19:51

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, puxo en valor este martes en Bruxelas á empresa galega e a súa capacidade de "competir non só en Europa, senón en todo o mundo".

"Trátase desa 'Galicia Calidade' da que queremos seguir falando, da que nos sentimos tan orgullosos cando imos non só a Europa, senón a moitos países de todo o mundo", dixo Calvo no ciclo 'Galicia Calidade. Diálogos en Bruxelas'.

No encontro, que celebra a súa segunda edición, participou tamén o presidente executivo de Corporación Hijos de Rivera, Ignacio Rivera.

'Galicia calidade. Diálogos en Bruxelas" busca fomentar o diálogo sobre o papel das empresas galegas no ámbito europeo e internacional, así como abordar retos clave no contexto da Unión Europea (UE) como son os cambios regulamentarios, a sustentabilidade ou a promoción da tracción económica de Galicia na capital europea.

Estrella Galicia facturou 900 millóns de euros 

O titular de Presidencia da Xunta fixo un repaso polos 120 anos de historia de Estrella Galicia, xestionada pola súa cuarta xeración e que representa na actualidade o 1% do produto interior bruto (PIB) de Galicia e que no seu último exercicio facturou máis de 900 millóns de euros, mentres que o executivo da compañía destacou a importancia de "manter a esencia" galega no seu produto.

Ignacio Rivera, que xestiona unha compañía que aglutina marcas como Estrella Galicia ou Cabreiroá, sinalou que "é un pracer compartir con todos os galegos que están aquí as experiencias" da súa empresa, á vez que expresou o seu desexo de " intentar inspirar e servir de exemplo para que todas as empresas se atrevan saír de Galicia".

Hijos de Rivera, "exemplo de Galicia Calidade"

Diego Calvo agradeceu a Ignacio Rivera a súa presenza no encontro e destacou que "empresas como Hijos de Rivera son un exemplo desa 'Galicia Calidade' que aposta polo propio e exporta talento e innovación ao mundo, mostrando con orgullo quen somos".

O conselleiro expuxo que desde a Xunta intentarán "seguir traendo a persoas que, a través das súas experiencias profesionais, levan a Galicia por todo o mundo" a este evento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade