Publicador de contidos

Publicador de contidos

SAIC ten xa autorización do Goberno para instalarse en Galicia

SAIC ten xa autorización do Goberno para instalarse en Galicia

A Dirección Xeral de Comercio deulle a SAIC o certificado de investimento estranxeiro necesario para pedir a concesión do Porto de Ferrol

Alfonso Rueda celebra o avance do proxecto

G24.gal 03/11/2026 13:54

A Dirección Xeral de Comercio deulle a SAIC o certificado de investimento estranxeiro. Un trámite necesario para que a multinacional constrúa a sociedade coa que pedirá a concesión do Porto de Ferrol.

O presidente da Xunta celebra que se dea esa primeira autorización: "Non foi fácil conseguir ese investimento, non é sinxelo facer toda a tramitación, pero as cousas polo de agora van ben".

Alfonso Rueda di que é unha boa nova que supón que SAIC acelere o seu proxecto. "SAIC responde subindo a súa aposta e dicindo que o que pensaba facer en máis anos o vai facer en menos, polo tanto máis produción, máis postos de traballo e creación de máis riqueza", asegura o presidente Rueda. 

Se os prazos se cumpren, a multinacional chinesa comezará a operar en Galicia no 2028.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade