Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luz verde para que SAIC comece a construción do seu proxecto en Galicia

Luz verde para que SAIC comece a construción do seu proxecto en Galicia

O Goberno comprometeuse a outorgar a autorización de investimento estranxeiro nas próximas semanas

Anunciouno este sábado a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana tras unha reunión esta semana co Goberno e a empresa

Este trámite é clave para que a compañía chinesa poida seguir adiante cos seus plans

G24.gal 17/10/2026 14:18

O Goberno central comprometeuse a conceder nas próximas semanas a autorización de investimento estranxeiro para o proxecto da empresa chinesa SAIC en Ferrol. Anunciouno esta mañá en Ferrol a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana.

O compromiso prodúcese tras unha reunión esta semana con responsables da multinacional chinesa e do Executivo. O permiso, que debe aprobar o Consello de Ministros, é imprescindible para instalar a planta de ensamblaxe de vehículos no porto exterior de Ferrol, ao tratarse dun investimento estranxeiro nunha infraestrutura pioritaria.

Pola súa banda Xunta e Porto tamén traballan nesa dirección. Saic investirá en Ferrol máis de 200 millóns de euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade