Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta aposta pola vivenda no 2027 cunha partida que ascenderá a 520 millóns

A Xunta aposta pola vivenda no 2027 cunha partida que ascenderá a 520 millóns

Supón un 49 % máis ca nos orzamentos de 2026

A Xunta aposta pola construción de novos inmobles públicos, a rehabilitación, as axudas ao alugueiro e a rebaixa das medidas fiscais

Outras novidades son os 7 millóns de euros para concellos, que contarán con axudas de ata 80.000 euros por cada vivenda pública municipal construída

G24.gal 17/10/2026 14:44

A Xunta aposta pola vivenda nos orzamentos de 2027 e aumenta os seus recursos. A conselleira Martínez Allegue destacou este sábado que a suba ascenderá a 520 millóns de euros, un 49 % máis ca no 2026.

O Goberno galego aumenta os recursos destinados á vivenda nos orzamentos de 2027, cunha aposta pola construción de novos inmobles públicos, a rehabilitación, as axudas ao alugueiro e a rebaixa das medidas fiscais. 

A Xunta incrementa así case un 50 % o orzamento en Políticas de vivenda na nosa comunidade e alcanza os 520 millóns de euros.

"Temos un obxectivo claro, que non é só, pero tamén duplicar o parque público de vivenda, mobilizar solo de construír vivenda, incentivar a construción de vivenda protexida, para incementar o número de vivendas dispoñibles, tanto en venda como en alugueiro e facilitar o seu acceso", asegura María Martínez Allegue, conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

A Conselleira facía estas declaracións na visita ao Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia.

Na cidade da Coruña, farase tamén un forte investimento de 65 millóns de euros.

"De feito en construción de vivenda pública triplicamos o orzamento con respecto o ano pasado, estmaos a falar de 43 millóns de euros e de dez millóns de euros en habilitar solo nese desenvolvemento que temos en Monte Mero de máis de 4.400 viviendas en colaboración público-privada", engade a conselleira.

Outras novidades son os 7 millóns de euros para concellos, que contarán con axudas de ata 80.000 euros por cada vivenda pública municipal construída. As contas inclúen, ademais, a tributación cero para quen merque vivenda protexida. A Xunta establecerá facilidades para as persoas que leven máis tempo inscritos no rexistro de demandantes de vivenda pública.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade