A acampada do Obradoiro fai quince días con todo o apoio municipal
Todos os grupos municipais, agás o PP, defenden a presenza das tendas no Obradoiro
Os mozos seguen "con ánimo" e non "pensan moverse" ata que haxa respostas contundentes á crise da vivenda
Desde as alturas da Catedral ao chan do Obradoiro. Entre cámaras de fotos e mochilas de peregrinos a protesta foi abrindo paso. Quince días despois, mantense o ánimo. E o propósito segue firme.
No interior do Pazo de Raxoi, o apoio político é explícito. Desde Compostela Aberta ata os socialistas. Os dous grupos apoian a permanencia das tendas en pleno corazón da cidade. O Goberno local tamén. E réstalles importancia ás críticas da oposición. Non temen ningún efecto chamada.
O Partido Popular pregúntalle á alcaldesa se "teñen autorización para estar na praza e se lle permitiría facer isto a calquera outro colectivo da cidade". Os puntos de vista están enfrontados, pero a realidade é teimuda. Os acampados xustifican a súa presenza no Obradoiro e avisan de que non se pensan mover.