Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pecha sen previo aviso unha clínica dental en Moaña

Pecha sen previo aviso unha clínica dental en Moaña

A clínica Kerme leva dúas semanas sen abrir e sen contestar as chamadas e mensaxes dos seus pacientes

Os afectados están buscando saída legal ao seu problema, moitos deles con tratamentos a medio facer

G24.gal 16/10/2026 14:49

A clínica dental Kerme traballaba en Moaña dende hai dous anos, e fidelizou clientes grazas a promocións e ofertas moi agresivas con prezos moi baixos. Hai dúas semanas que baixou a cancela sen previo aviso e os afectados comezan a mobilizarse. 

"Foi da noite á mañá, pecharon fai 15 días, non contestan aos whatsapps, as chamadas telefónicas, aos correos... Como todo o mundo tiña pendente o tratamento, e todos estaban financiados, o que pensamos e que colleron todo o diñeiro dos financiamentos e desapareceron do mapa", explica Alberto González, avogado, que defende varios dos afectados.

Un dos afectados conta que "a nós chamáronnos, mandaron unha mensaxe dicindo que ían facer unha reestruturación e cando nos decatamos estaba pechado e no meu caso quedoume a parte de abaixo da boca por arranxar e quedoume unha débeda de 13.000 euros".

Outro láiase de que "dende o día 28 que me sacaron a parte superior, a día de hoxe teño o fío dende entón, chamei vairas veces pedindo axuda, e non me contesta ninguén, e aínda teño os fíos colgando no padal".

Os máis afortunados recibiron un aviso, pero a maior parte non, quedando con tratamentos a medio facer e débedas cos bancos.

"A casuística é moi diversa, hai xente que adiantou cartos en metálicos, xente con financiación ou outra forma de pago. Para empezar, aos que tiñan financiamento, aconsellámoslle que a paralizasen. Que vaian ao seu banco e lle esixan que non lles permitan seguir pagando o financiamento, porque é pagar algo en saco baleiro... e por suposto, denunciar", recomenda o avogado.

Unha veciña de Cangas tamén achegouse a clínica dental: "Teño a miña filla aquí con tratamento odontolóxico. Comezamos con arame e logo ortondoncia, que non levamos nin a metade do tratamento. Hai dúas semanas que me puxeron un whatsapp dicindo que estaban de reformas e que xa contactarían comigo para adiar a cita de outubro".

Outra afectada conta que "esta mañá estivemos aquí reunidos todos, hai xente sen dentes, con puntos, porque ves por unha cousa e sempre te atopaban outra, e son tratamentos moi caros". 

Neste mesmo local funcionou outra clínica dental que pechou do mesmo xeito. Desta vez xa son mais de medio cento o afectados que se están organizando para denunciar e tentar recuperar os seus cartos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade