Publicador de contidos

Publicador de contidos

Robles traslada a Rueda que o proxecto de SAIC en Ferrol terá o aval de Defensa

Robles traslada a Rueda que o proxecto de SAIC en Ferrol terá o aval de Defensa

Non desbotan que se establezan "condicións" para garantir a súa viabilidade e a seguridade nacional

Iso aplícase a outras compañías que tamén traballan noutras áreas próximas a instalacións militares

SAIC asegura que o seu proxecto para Ferrol é industrial e non "xeopolítico"

 

Instalacións militares en Ferrol Instalacións militares en Ferrol
G24.gal 11/08/2026 17:35 Última actualización 11/08/2026 17:55

O proxecto da planta do xigante chinés SAIC Motor en Ferrol terá o aval favorable do Ministerio de Defensa, segundo trasladou este mesmo martes a ministra Margarita Robles ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

O aval está garantido sen prexuízo "das condicións operativas" que sexan necesarias desde o punto de vista das súas competencias --e que se aplican a outras compañías que traballan, por exemplo, noutras áreas próximas a instalacións militares--.

A conversa tivo lugar un día despois de que os xornais 'El País' e 'El Mundo' publicaran informacións sobre a existencia de informes de Defensa e os servizos de intelixencia que alertan do risco de espionaxe debido á proximidade entre o lugar da fábrica e o arsenal militar de Ferrol e o estaleiro de Navantia, no que se traballa con sistema militares estadounidenses.

Fontes do Executivo central confirmaron a existencia deses informes que están a estudar e analizando para poder atender as recomendacións que se expoñan. En todo caso, deixaron clara a disposición do Gobierno que dirixe Pedro Sánchez para que o proxecto se leve a cabo.

O ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, defendeu a instalación da planta chinesa en Ferrol e amosouse convencido de que se vai a levar a cabo, aínda que sen desbotar que se establezan "condicións" para garantir a súa viabilidade e a seguridade nacional.

A planta do xigante chinés SAIC Motor, con capital do Gobierno chinés e dono de marcas como MG, terá un investimento inicial de 200 millóns de euros. As obras comezarán no ano 2027 e empezará a estar operativa antes de que finalice 2028, creará 2.300 empregos e espera producir 120.000 vehículos ao ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade