Publicador de contidos

Publicador de contidos

Algunhas inmobiliarias galegas comezan a cobrar por ver pisos en alugueiro

Algunhas inmobiliarias galegas comezan a cobrar por ver pisos en alugueiro

En Vigo, o anuncio dun piso de alugueiro nunha rede social pide unha comisión de 50 euros por visitalo

A práctica xera controversia no sector inmobiliario

G24.gal 03/11/2026 14:24

Todo comeza co anuncio dun estudio na Gran Vía de Vigo nunha rede social. A continuación aparece un número de teléfono que te leva directamente a WhatsApp. Pedimos información sobre a vivenda e inmediatamente nos levan a un formulario onde informan do pago dunha comisión de 50 euros por visitar o piso a través de transferencia ou Bizum. No sector esta práctica xera controversia.

Pode unha axencia inmobiliaria cobrar simplemente por visitar unha vivenda? A lei de arrendamentos urbanos é clara. 

Neste caso, a inmobiliaria descontará os cartos do prezo final se decidimos alugar o apartamento; en caso de non quedar co inmoble, aseguran que o prezo será reembolsado. Con todo, a polémica está servida

Dese o sector alertan das estafas deste tipo de anuncios e recomendan facer as comprobacións necesarias.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar