Publicador de contidos

Publicador de contidos

O propietario dun piso logra botar o inquilino ocupa e atopa a vivenda estragada

O propietario dun piso logra botar o inquilino ocupa e atopa a vivenda estragada

Alugouno hai 28 meses e só pagou os dous primeiros

G24.gal 21/10/2026 14:27

Levaba 28 meses sen cobrar o alugueiro do seu piso en Vigo e, cando logrou desafiuzar o inquilino ocupa, atopou un verdadeiro desastre.

José Ramón Varela logrou desaloxalo o pasado día 13, trátase dun sexaxenario que só pagou dúas mensualidades malia que, segundo o propietario, cobra 900 euros ao mes.

O panorama que atopou foi desolador. O propietario alugaba este piso por cuartos, e xa había dúas parellas vivindo alí, ata que o novo inquilino lles fixo a vida imposible e tiveron que marchar. 

José Ramón quéixase de que, a maiores de non pagarlle, fíxolle perder os alugueiros que tiña. 

"Atopeino tal como está, aínda había máis merda alí, sacamos algunhas cousas porque tiña bichos, comida alí enriba e de todo. E tivemos que sacar algunhas cousas, pero é un desastre. E outra cousa, chamei dúas empresas desas que din que desocupan. A xente que teña coidado, porque ao final non fixeron nada, roubáronme e non fixeron nada", di o propietario.

Agora céntrase en limpar e arranxar a desfeita: "Pago todos os meses, 200-300 euros, terei que alugar doutro xeito. De momento non, está claro, teño que mirar de alugar a outra xente, a estudantes ou así".

Mentres, traballa a esgalla para limpar un piso que terá que reformar por completo para poder sanealo e adecentalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade