Publicador de contidos

Publicador de contidos

SAIC Motor analiza as capacidades do tecido produtivo galego para levantar a fábrica de Ferrol

SAIC Motor analiza as capacidades do tecido produtivo galego para levantar a fábrica de Ferrol

A multinacional prevé iniciar as obras no porto exterior a principios de 2027

G24.gal 21/10/2026 14:48

O proxecto de SAIC Motor en Ferrol vai tomando corpo. A multinacional chinesa analiza as capacidades das empresas galegas para levantar a fábrica no porto exterior de Caneliñas.

"Levamos meses de contactos con todo o equipo que teñen desprazado desde a China. Contactos de proxectos preliminares, vendo capacidades non só con nós. Tamén con provedores e colaboradores nosos", asegura o empresario de Tui, Roberto Pardo. 

A envergadura do proxecto apunta a unha unión de varias empresas que poidan responder ao ritmo que marca a multinacional chinesa.

"É que isto non é tan fácil coma na China que podes poñer 500 ou 600 homes. As dimensións son diferentes. Hai que ter a capacidade de produción dentro de estruturas prefabricadas, ritmo de montaxe de cuberta", di Roberto Pardo. 

As previsións de SAIC marcan o comezo da obra para principios de 2027. A autorización definitiva do proxecto por parte do Goberno chegará nas próximas semanas.

"Por parte da Xunta estamos avanzando nese proxecto completo e tamén está facendo a súa parte a Autoridade Portuaria de Ferrol. Imos dentro dos prazos con normalidade na tramitación", explica a Conselleira de Economía e industria, Mª Jesús Lorenzana. 

A planta de SAIC suporá un investimento inicial de case 200 millóns de euros e a creación duns 2.300 postos de traballo entre directos e indirectos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade