Cargando resultados...
Stellantis Vigo parará dous días unha liña de produción por problemas de aprovisionamento
A medida afectará directamente a fabricación do SUV Peugeot 2008
STELLANTIS VIGO
G24.gal
20/10/2026 16:39
A dirección da factoría do grupo Stellantis en Vigo comunicou ao comité de empresa a suspensión da actividade produtiva na liña 1 durante dúas xornadas da próxima semana.
A medida afectará directamente á fabricación do SUV Peugeot 2008, un dos modelos clave da planta galega, debido a problemas no aprovisionamento de compoñentes.
O traballo cancelarase o xoves 29 e o venres 30 de outubro nas tres quendas da liña afectada: mañá, tarde e noite.
O resto da actividade da planta de Balaídos, que inclúe a liña 2, encargada da produción das furgonetas lixeiras, manterá a súa programación habitual, sen que polo momento se anunciasen variacións.