A Xunta ve "unha fraude democrática" a aprobación dos novos decretos de vivenda
O conselleiro da Presidencia critica a decisión do Goberno de levalos á Deputación Permanente tras aprobalos de novo o Consello de Ministros
O conselleiro da Presidencia da Xunta, Diego Calvo, opinou este martes que a aprobación por segunda vez, e posterior paso polo Congreso de novo, dos decretos de vivenda é "unha fraude democrática".
Nun acto na Coruña, Calvo sostivo que haberá "unha nova fraude democrática" por parte do presidente do Goberno, Pedro Sánchez.
Sobre os decretos, dixo que a postura do Goberno galego, do Partido Popular, é que non solucionarán "ningún problema", polo que defendeu o seu rexeitamento da semana pasada "pola maioría democrática do Congreso, que é onde reside a soberanía nacional.
Levalos de novo ao Consello de Ministros e posteriormente ao Congreso, a través da Deputación Permanente ao estar disolta a Cámara, "constitúe, de xeito evidente, unha fraude democrática".
"Non se pode seguir utilizando as institucións ao seu antollo e seguir usando artimañas para sacar adiante o que estime oportuno", engadiu, e acusou o presidente do Goberno de cambiar "de opinión cada día segundo lle convén".