Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carmela Silva denuncia pintadas con insultos na casa do seu fillo

Carmela Silva denuncia pintadas con insultos na casa do seu fillo

A candidata socialista ao Senado fixo pública a situación a través das súas redes sociais

Axiña recibiu unha onda de solidariedade, tanto desde as filas socialistas como desde outras formacións

G24.gal 22/11/2026 17:08 Última actualización 22/11/2026 17:25

A candidata socialista ao Senado, Carmela Silva denunciou este domingo a aparición de pintadas con insultos na vivenda na que reside o seu fillo en Vigo. A política galega fixo pública a situación a través das súas redes sociais.

Carmela Silva asegurou que este tipo de ataques non conseguirán silenciala nin condicionar a súa actividade política. 

Apoio político

A denuncia xerou unha resposta de solidariedade por parte de representantes políticos de diferentes formacións, que utilizaron as redes sociais para trasladarlle o seu apoio e condenar a aparición das mensaxes ofensivas.

Nas filas socialistas, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, trasladou o seu respaldo a Carmela Silva e puxo o foco no compoñente machista dos insultos. 

Pola súa banda, a líder do BNG, Ana Pontón, tamén trasladou todo o seu apoio a Carmela Silva. A dirixente nacionalista lamentou que as mulleres que participan en política continúen tendo que soportar situacións de violencia machista por parte de quen non acepta que desenvolvan a súa actividade.

O Partido Popular de Galicia manifestou o seu rexeitamento ao sucedido e condenou "calquera tipo de agresión ou violencia" independentemente das cores políticas. 

Ao fío diso, o presidente do PPdeG e da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, tamén se pronunciou sobre os feitos, expresando o seu rexeitamento ante a aparición das pintadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade