Publicador de contidos

Publicador de contidos

Achégase un Black Friday con máis alertas por calotes e menor previsión de gasto

Achégase un Black Friday con máis alertas por calotes e menor previsión de gasto

As rebaixas comezarán o día 27 e máis do 70% dos galegos teñen pensado mercar algo

G24.gal 22/11/2026 16:23 Última actualización 22/11/2026 17:07

O próximo venres comezan as rebaixas do Black Friday, a maior tempada de ofertas nas tendas e comercios. Moitos galegos teñen xa as listaxes feitas das cousas que desexan mercar.

"Eu quero comprar unha cazadora e un xersei. Ademais, teño pendente mirar uns zapatos a bo prezo".

"Roupa de inverno, si. Unha cazadora e unhas botas para ir á neve, por exemplo. Nada máis".

Dende hai varios anos, estas son unhas rebaixas recoñecidas e esperadas polo clientes, aínda que os datos amosan que non se gastará igual que en tempadas anteriores.

"Unha enquisa que fixemos demostra que o gasto previsto decae: uns 209 euros, con respecto aos 219 do ano anterior. Tamén unha porcentaxe moi significativa, o 70% dos consumidores, din desconfiar das ofertas", explica Enrique García, portavoz da Organización de Consumidores e Usuarios.

Aumentou a desconfianza e aumentaron tamén as estafas. En moitas páxinas web xa comezaron os descontos e os expertos avisan de que unha de cada cinco 'ciberestafas' sófrense neste período.

Reparar nos dereitos como consumidor é unha das claves para evitar fraudes por Internet, aínda que algúns prefiren manter a confianza nos establecementos coñecidos.

"Cando collo algo intento saber se o podo devolver, se me van cobrar pola devolución ao facela online...Isto tamén inflúe á hora de escoller".

"Non é o mesmo comprar online que ir á tenda, probar e saber como son realmente os produtos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade