Publicador de contidos

Publicador de contidos

Por valor económico ou sentimental, aínda hai quen quere recuperar os paraugas e quen se dedica a arranxalos

Por valor económico ou sentimental, aínda hai quen quere recuperar os paraugas e quen se dedica a arranxalos

Nos establecementos de afiado e coitelería tamén se mantén o oficio de paraugueiro

G24.gal 20/11/2026 20:34

Con estes temporais de auga e vento os paraugas sofren máis ca nunca. A maioría dámolos por imposibles e tirámolos. Pero hai quen aínda os quere arranxar, por distintos motivos. E hai tamén quen fai ese delicado traballo de recuperación. 

Aínda que o cartel leve a pensar noutra cousa, é nestes establecementos onde os paraugas gañan unha segunda vida.

Levamos só unhas semanas de chuvia e xa se amorean varios damnificados nos estantes. Hai quen arranxa un paraugas polo valor económico e tamén sentimental.

Loli tomou a remuda de súa nai, que foi quen comezou con este labor, que require mans miúdas e hábiles.

O fundador do negocio foi José, con corenta anos fíxose afiador sen saber nada do oficio, malia ser ourensán. Aprendeu coa práctica, ata ter cirurxiáns como clientes.

A segunda xeración segue á fronte do negocio, afiando de todo, incluso catanas ou machetes que logo foron noticia.

Non hai tecnoloxía que os substitúa, así que sempre haberá traballo para afiadores e paraugueiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar