Publicador de contidos

Publicador de contidos

O furto, un custo fixo para o comercio

O furto, un custo fixo para o comercio

As tendas reforzan a seguridade ante o aumento dos roubos ocasionais

G24.gal 03/11/2026 14:46

Coller, gardar, e saír sen pagar. Un xesto aparentemente sinxelo, que segue xerando importantes perdas no comercio.

Segundo o último barómetro do furto, os roubos cometidos de forma ocasional xa superan os das bandas organizadas. O sector di que "o perfil é variado".

Entre os produtos máis cobizados, alimentos, e artigos doados de ocultar. Para frealo, as tendas blíndanse. Din que teñen cámaras de seguridade e "xa vemos o cliente que está roubando, algúns son asiduos e mesmo hai quen ten orde de afastamento".

Porque o furto xa non é un problema puntual. Converteuse nun custo fixo para o comercio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade