Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asaltan de noite unha gasolineira en Paradela, cun botín de centos de euros

Asaltan de noite unha gasolineira en Paradela, cun botín de centos de euros

Tras forzaren a porta, levaron a recadación da máquina de tabaco, barriñas de chocolate e unha bebida enerxética

Os ladróns levaron barriñas de chocolate dos estantes da tenda
Félix Aragunde. Imaxe: Giorgio Pereira. 03/11/2026 13:02

A estación de servizo da Ruxidoira, en Paradela, foi asaltada. Minutos despois de pechar pola noite, os ladróns forzaron a porta para accederen ao interior do negocio. Unha vez dentro, fixéronse cun botín de varios centos de euros, correspondente á recadación da máquina de tabaco. Non contentos, levaron tamén unhas barriñas de chocolate e, segundo captaron as cámaras de vixilancia, mesmo tomaron unha bebida enerxética. 

"Despois de cerrar, tardaron moi pouco en vir. Forzaron a porta e entraron dous. Un dirixiuse directamente ás barriña de chocolate, e levou barriñas e 'Red Bull', e o outro veu a detrás do mostrador e colleu unha caixa coa recadación do tabaco que quedara aquí porque nunca pasara nada. Foron tamén á oficina, onde revolveron algo, e logo xa soou a alarma", relata empregada Mari López. 

En total, os asaltantes botaron dentro da gasolineira apenas cinco minutos. En canto soou a alarma, acudiron os donos do negocio e mais a Garda Civil, que investiga agora a autoría do roubo.

"Ao soar a alarma, daríanse máis présa, e xa se foron. Cando soou a alarma avisaron o centro, aos xefes, que viñeron, pero xa marcharan", engade a traballadora. 

Nas tres décadas que leva aberta a gasolineira de Paradela, nunca antes fora asaltada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade