Cruza polo medio a rotonda do Alfageme do barrio vigués de Coia
Unha condutora de 83 anos atravesa a praza circular e continúa a marcha co cartel roto
Sorpresa nos condutores que circulaban pola avenida Castelao en Vigo cando unha condutora obviou a rotonda do Barco e fíxose un recto. Trátase dunha muller de 83 que deu negativo na proba de alcolemia.
Con toda a calma, a muller percorreu a rotonda, levou por diante un sinal e un bordo e continuou a marcha incorporándose sen sequera mirar. Iso so, con cárter roto. Un pouco mais adiante foi interceptada pola policía, que lle fixo a proba de alcolemia. Deu negativo, un fillo acudiu recollela e está á espera dun test piscotécnico para avaliar se pode seguir conducindo.
Samuel Rodríguez, empregado dunha cafetería próxima, lembra que primeiro escoitaron un estrondo, e todos quedaron abraiados coa manobra.
A da avenida de Castelao foi en 2015 a primeira turborrotonda de Vigo e ten un triste historial de accidentes e mesmo atropelos. Pero non é a única rotonda que saltan os condutores. Moitos lembran como hai tres anos amerizou un coche na chamada 'fonte cibernética' da rúa Rosalía de Castro logo de circular uns cen metros en dirección contraria.