Asaltan tres vivendas dunha aldea de Allariz en apenas unhas horas
O ladróns aproveitaron que os propietarios das casas non estaban
Manuela abre a porta da súa casa para amosar por onde accederon os ladróns. Aproveitaron o tempo que ela marchou para coidar a súa nai para entrar a vivenda e poñelo todo patas arriba na procura de cartos e xoias.
"Cómo subiran? Pois ela decatouse de que tiña unha escaleira por detrás que era coa que podaba meu cuñado que faleceu hai un mes e puxérona nunha fiestra, romperon a fiestra, o cristal, abriron o pestillo, entrarían por alí e salirían por alí. Atopouse todo destrozado: mobles, todo tirado", explica a irmá de Manuela.
Manuela Quintana, propietaria dunha das casas asaltadas, conta que leva 45 anos vivindo nesta casa e que nunca tivo medo. Agora di que todo é diferente.
"A min quedoume desasosego e quedoume anguria. non polo que me levaron, que tamén, senón porque me sinto...a miña intimidade invadíronma."
Pero este non foi o único roubo en Outeiro de Orraca, contra a noitiña do venres. Hai tan só unha leira de por medio entre a casa de Manuela e outra das vivendas asaltadas, está situada xusto a carón da estrada. Alí entraron tamén por unha fiestra da parte de atrás aproveitando que a familia non estaba na casa.
"Polo día, o peche bastante alto. Non sei debemos de estar un pouco controlados, entón non sei como acabará".
Nun terceiro roubo levaron as xoias doutra casa da aldea algo máis apartada. Todo en apenas unhas horas.
"Se non hai vixilancia asustámonos claro. A xente maior vive soa e non estamos moi tranquilos, non".
Agora, din, moitos son os que acenden as luces do exterior da casa contra a noitiña. Cómpre, aseguran, estar alerta e confiar en que feitos coma estes non se volvan repetir.