Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alertan en Lugo do chamado calote do abrazo

Alertan en Lugo do chamado calote do abrazo

A asociación veciñal recomenda extremar as precaucións tras rexistrarse varios casos no barrio de Santo Antonio

G24.gal 02/11/2026 14:03

No barrio lugués de San Antonio, a asociación veciñal alerta por redes sociais de varios intentos de roubo.

"Vin os avisos no Facebook. Hai que previr, iso está ben", sinala un veciño de Lugo.

Co coñecido como timo do abrazo, houbo tentativas de roubo frustradas, pero tamén outras con peor desenlace.

"A unha señora que vive aí abaixo déronlle un abrazo na rúa. Á señora deulle pena porque era unha muller embarazada, e quitoulle a cadea e a medalla", relata unha veciña do barrio de San Antonio.

Os veciños da zona amósanse preocupados e lamentan especialmente que os ladróns se aproveiten da indefensión das persoas máis maiores.

"Aprovéitanse da xente de maior idade porque non ten axilidade para defenderse", explica un veciño da zona.

Dende a asociación veciñal animan a extremar as precaucións cando se acerquen descoñecidos que intenten abrazalos ou despistalos, e recomendan tamén desconfiar de persoas que ofrecen axuda sen que llela pidan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade