Publicador de contidos

Publicador de contidos

O comercio local aposta por campañas alternativas ao Black Friday

O comercio local aposta por campañas alternativas ao Black Friday

Os comerciantes de Boiro buscan atraer a clientela con campañas locais que poñan en valor o consumo na vila

Aseguran que non poden competir coas ofertas das grandes multinacionais pero si co trato de confianza que lle dan á clientela

G24.gal 14/11/2026 14:25

Para o pequeno comercio competir cos grandes descontos das multinacionais en datas como as do Black Friday non é doado, e aínda que algúns se suman ás promocións, outros apostan máis por campañas locais que coidan a súa clientela habitual.

Chega este mes e os escaparates anuncian un Black Friday que deixou de ser exótico e xa anticipa o Nadal. Os grandes descontos animan a adiantar as compras para as festas pero ao comercio local cústalle sumarse a estas campañas.

"Para o comercio pequeno é unha campaña nefasta porque nos obriga a poñer descontos nas vésperas da época do nadal. O pequeno comercio non pode asumir ese tipo de descontos", explica Daniel García, presidente da Asociación Boirense de Empresas

En vilas como Boiro, tratan de buscar alternativas para a súa clientela. Apostan máis por outras campañas que promoven o comercio de proximidade e a fidelidade dos seus clientes.

"Este ano houbo dous bonos, un da Deputación e outro da Xunta de Galicia, que axudaron moitísimo a que a xente viñera coñecer o comercio local, a mercar e ver o que tiñamos. Saíu moi ben e por iso os comerciantes cos que falamos dixeron que ao mellor non se suman a facer descontos no Black Friday"

"Nas campañas do Black Friday moitas veces acabas mercando cousas porque están baratas e non porque as precises. Cando compras no comercio local contribúes coa xente da túa vila, para que un pai ou unha nai lles pague as extraescolares aos seus fillos e non a que se enriqueza máis un fondo adiñeirado", di un cliente

 É outro xeito de consumir, que non só pensa no aforro dun día, senón que pon en valor a comunidade coa que convivimos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar