Cargando resultados...
Un accidente na AP 9 preto da ponte de Rande provocou retencións de 2 km
A colisión entre tres vehículos deixou unha persoa ferida leve
DXT
G24.gal
13/11/2026 16:59
Un accidente cun ferido ferido leve, que tivo lugar pasadas as catro e media da tarde deste venres, provocou retencións de ata 2 quilómetros na AP-9, no quilómetro 153, en sentido Tui, segundo Tráfico do Noroeste.
O 112 informou que tres vehículos quedaron a carón da mediana e obstaculizaron o tráfico nos dous carrís en sentido Tui, antes do túnel da Madroa. O atasco chegou ata a contorna da ponte de Rande.
A circulación normalizouse ás 18:00 horas.