Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ferido leve tras o choque lateral de dous vehículos na ponte de Rande

Un ferido leve tras o choque lateral de dous vehículos na ponte de Rande

Nun primeiro momento non foi necesaria a axuda médica, pero posteriormente un dos implicados chamou os servizos de emerxencia

Vehículos tras a colisión (Cedida). Vehículos tras a colisión (Cedida).
G24.gal 05/11/2026 17:54

Un accidente na tarde do 5 de novembro nas intermediacións da ponte de Rande á altura de Vilaboa, dirección Vigo, provoca un ferido leve.

Según fontes do 112 consultadas por Europa Press, os feitos ocorreron pasadas as 16:30 da tarde e foi un dos propios implicados os que alertou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias. Ambos coches circulaban na mesma dirección e chocaron lateralmente; un deles perdeu unha roda a causa da colisión e, en consecuencia, o condutor perdeu o control do vehículo impactando contra o quitamedos. Tras o choque, interrumpeuse o tráfico nun dos carrís da vía.

Inicialmente ningún dos pasaxeiros necesitaba de axuda médica, mais ao tempo un deles volveu chamar o 112 para pedir unha ambulancia pola dor ocasionada. Ata o lugar trasladáronse a Garda Civil e os profesionais de Urxencias Sanitarias 061-Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade