Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un accidente múltiple cun camión implicado en Abegondo deixa unha persoa ferida

Un accidente múltiple cun camión implicado en Abegondo deixa unha persoa ferida

Ata o lugar desprazáronse rapidamente Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Betanzos

G24.gal 05/11/2026 13:38

Un accidente múltiple entre catro vehículos, entre eles un camión de obra, en Abegondo deixou unha persoa ferida esta mañá de xoves.

Segundo informa o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar pouco antes das 8:00 horas deste xoves. O 112 recibiu o aviso deste accidente a través da Garda Civil de Tráfico, que informou de que catro vehículos acababan de colidir no quilómetro 7 da AC-542, en Abegondo.

Ata o lugar desprazáronse rapidamente Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Betanzos.

Os profesionais do parque de Betanzos sinalaron que finalmente tiveron que liberar o ocupante dun dos turismos, mentres que unha persoa foi trasladada en ambulancia polos servizos sanitarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade