Cargando resultados...
Excarcerada unha muller tras saír da vía e envorcar co seu coche en Gondomar
O sinistro tivo lugar na estrada que une Gondomar co Porriño, á altura de Vincios, poucos minutos antes das oito da tarde
G24.gal
03/11/2026 09:17
Unha muller tivo que ser excarcerada polos bombeiros do Val Miñor este luns ao serán en Gondomar. O sinistro tivo lugar na estrada que une Gondomar co Porriño, á altura de Vincios, poucos minutos antes das oito da tarde. A condutora saíu da vía e acabou envorcando, tras o que quedou dentro do coche. Quedou ferida e foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Un dos carrís estivo cortado á circulación.